Shining Force, capítulo 7

Enlace ó sexto capítulo.

A civilización perdida.

Este novo capítulo do xogo comeza na cidade de Prompt, un lugar onde os seus grosos habitantes pensan máis na comida que en… ben, que en calquera outra cousa. Actualizo as armas de todo o equipo titular sen reparar nos fondos (hai cartos a esgalla neste xogo inda que xa perdín varias loitas) e marcho a visitar ó rei no seu castelo subterráneo. [continuar lendo]

Shining Force, resumo final

Após narrar capítulo por capítulo a miña partida a este xogo (enlace ó primeiro), vou facer un pequeno resumo final do mesmo.

Empezarei dicindo que este Shining Force xa estivo no meu punto de mira fai uns anos, pero non o cheguei a estrear porque non me convencía a parte de non poder recrutar a tódolos personaxes sen empregar unha guía ou, por calquera outro motivo, non ter unha partida “perfecta”. [continuar lendo]