Ultima IV: os perigos das silveiras

O primeiro que pregunta o xogo nada máis arrancar é o nome e o xénero (binario), desta vez escollín home para o personaxe principal. A historia comeza co protagonista descansando nun prado da súa axitada vida nun mundo tecnolóxico. De súpeto, un portal azul emerxe do chan e desaparece de novo, deixando un amuleto con formar de ankh e un libro de coiro que fala doutro mundo necesitado de axuda. [continuar lendo]

Ultima IV: batalla ciclópea

No mapa que ven co xogo tamén pódense ver uns círculos negros, outros brancos e outros metade-e-metade; inda non se me deu por visitar eses lugares pero ten pinta de que se corresponderán coas fases da lúa! Ou das lúas, mellor dito, xa que sempre aparecen a pares, tanto no mapa coma na parte superior da interface da fiestra do xogo. [continuar lendo]