Ultima IV: por un cravo, pérdese un cabalo

A seguinte viaxe foi cara o norte, a unha cidade agochada nun bosque moi denso que, por sorte, pódese atopar camiñando en liña recta dende un paso montañoso ao oeste de Britannia. A verdade é que coller referencias xeográficas desta maneira por un mesmo, por sinxelas que sexas, é algo moi inmersivo. [continuar lendo]

Ultima IV: portas dun só sentido

Ultimamente tiña a idea de que non estaba a avanzar moito no xogo, pero as múltiples horas deste sétimo capítulo foron inda menos produtivas. As únicas pistas que me ficaban pendentes para investigar eran preguntar na taberna Folley pola raíz da mandrágora e chegar a unha pequena illa moi preto da costa oeste do continente, máis aló da Fraga Espírito. [continuar lendo]

Monument Valley: pouco xogo, moita presunción

Cando saíu no seu día, eu probei o Echochrome da PSP. Non avancei moito porque o atopaba bastante complicado e a miña visión espacial deixa bastante que desexar. En resumo, facíame sentir un pouco topón e mamalón. Este Monument Valley comparte a idea dun universo con formas tridimensionais imposíbeis que son proxectadas ao plano da pantalla, permitindo rotar partes do mundo para crear novos camiños en dúas dimensións. [continuar lendo]