Jeanne D’Arc, capítulo 3

Cando investigaba sobre este xogo, moi por riba xa que non me gusta saber de máis antes de comezar, atopeime con moitos xogadores falando do fácil que é. Non direi que é difícil, pero a intelixencia artificial ben sabe o que fai e é capaz de castigar unha mala posición para facernos perder a misión. [continuar lendo]

Jeanne D’Arc, capítulo 5

Este capítulo foi moi curto dende o punto de vista temporal e lúdico, inda que si que avanzou bastante a trama. Non o comentara explicitamente até agora, pero cada un dos artigos nos que estou dividindo as crónicas deste xogo correspóndense cos capítulos nos que os desenvolvedores partiron o mesmo. [continuar lendo]

Jeanne D’Arc, capítulo 7

Inda que non o pareza, pola maxia de internet e das publicacións programadas, xa ían case tres meses dende que collín este xogo por última vez. Se me está a facer un pouco longo, ante todo porque as semellanzas cos eventos históricos son cada vez máis escasa e pesa máis a ambientación fantástica, que non ten moito de especial para un xogo deste estilo. [continuar lendo]