Jotun: Valhalla Edition

Ola! Por petición popular adianto a entrada deste xogo, polo que haberá algunhas referencias que non encaixen hoxe co estado actual desta páxina. Houbo algo de controversia sobre si fuxín do xogo anoxado ao final da loita contra o ferreiro durante a miña retransmisión en directo, pero nada máis lonxe da realidade. [continuar lendo]

Lego The Lord of the Rings. Torres

O comezo desta parte das dúas torres é un bo resumo do xogo. Manexamos a Sam e a Frodo mentres seguimos o camiño marcado por Gollum a tráves do Pantano dos Mortos. Realmente semella ser o Pantano de Lume da Princesa prometida, porque cada catro pasos temos que apagar un lume que apareceu espontaneamente. [continuar lendo]

Lego The Lord of the Rings. Retorno

Na historia do Señor dos Aneis hai moitos tramas que suceden ao mesmo tempo, e todas son importantes para consecución da vitoria sobre Sauron. Non o investiguei con profundidade, pero semella que neste xogo podemos avanzar nelas na orde que desexemos, agás cando o ollo de Sauron están vixilando un camiño, xa que nese momento temos que trocar o seu foco a outra fronte. [continuar lendo]