SNK vs. Capcom: Card Fighters Clash

Os xogos clásicos de pelexas un contra un foron seguramente dos meus favoritos mentres crecía na década dos noventa. Dende un Masters of Combat na Master System II até os últimos King of Fighters do milenio, pasando por varios Street Fighter, podo trazar parte do meu bagaxe videolúdico en torno a este xénero. [continuar lendo]

Especial 100 entradas

A entrada anterior nesta páxina foi a número cen. Durante un ano e medio apañeime para escribir e publicar polo menos un artigo por semana, chegando a dobrar ese número nos últimos tempos. O que me sorprendeu máis a min mesmo foi que atopara tempo abondo non só para xogar a tanto xogo tan a cotío, senón tamén para documentalo por escrito, tendo en conta que boa parte do proceso que sigo non é o máis áxil: logo de xogar e meditar lixeiramente sobre a experiencia, collo un caderno e un bolígrafo e esbardallo dúas páxinas co que se me vai ocorrendo, sen facer moita investigación. [continuar lendo]