VVVVVV

Como xa adiantei na posdata da entrada anterior, non continuei moito máis coa partida do Rise of the Tomb Raider. Volvino a arrancar e, logo da longa carga inicial, atopeime coma dentro dun soño: todo tiña unhas cores raras, non sabía como chegara até aí e non era capaz de saber o que significaban todas esas letras que aparecían na pantalla. [continuar lendo]

Kirby’s Block Ball

A primeira vez que toquei unha Game Boy foi na rúa onde xogaba de cativo. Ese día non había pelota, pero entre todos improvisamos unha proba mixta con esa consola, o Tetris, un cronómetro e dúas bicicletas. Pero iso é outra historia, só quería introducir a segunda vez que tiven nas miñas pequenas mans a gran consola portátil de Nintendo. [continuar lendo]