O señor dos aneis LCG. Asedio de Cair Andros

Xa falara do meu gran fracaso tentando resistir o asedio na illa de Cair Andros en solitario. En troques de escoller un equipo de heroes máis axeitado para esa misión, decidín elixir a un par de xogadores para que me botasen unha man co desafío. [continuar lendo]

Pokémon Azul. Capítulo 2

Unha máxima da meirande parte dos videoxogos de rol, incluíndo todos os de Pokémon principais, é que sempre é posíbel loitar máis combates gañar algo máis de experiencia para ter máis forza, podendo repetir isto sen risco até que a dificultade do seguinte combate redúzase a uns niveis máis doados. [continuar lendo]

Pokémon Azul. Capítulo 3

Como xa se puido ver nunha captura de pantalla no capítulo anterior o mundo de Pokémon é paralelo ao noso, con mencións a lugares coma Rusia, Suramérica  ou datas coma as primeiras pegadas do home na lúa no 1969. Obviamente as diferenzas son importantes: dende os propios pokémons e a súa explotación por parte dos humanos até a falta de escolas e a incitación por parte dos adultos para que os nenos percorran o país sós. [continuar lendo]

Sanrio World Smash Ball!

Lembro con agarimo cando ía coa miña familia a unha vila cercana a pasar certas mañás soleadas das fins de semana. Non farei de menos á compaña ou á vila, pero o meu corazón de rapaz dos noventa latexaba pola oportunidade engadida de pasar uns minutiños no salón de máquinas recreativas que alí había. [continuar lendo]