Inda que principalmente escribo sobre videoxogos nesta páxina, os xogos de taboleiro son os meus preferidos, especialmente os de cartas coma Android: Netrunner ou O señor dos aneis LCG. Pero por moito que intente sacar eses dous á mesa sempre que podo, non teño intención de xogalos de maneira virtual. [continuar lendo]
Mes: Abril 2020
Demon’s Crest
Cando era cativiño ía de cando en vez a unha pulpeira coa miña familia. Alí había unha maquiniña operada por moedas do Ghouls ‘n Ghosts ‘n Goblins. Non recordo cal dos dous xogos era, pero si que lembro que custaba cinco pesos e que non me gustaba moito porque daba un pouco de medo e porque era moi complicado sequera pasar da primeira pantalla. [continuar lendo]
Everybody’s Golf 2
As miñas experiencias co golf non virtual resúmense nun xoguetiño de plástico consistente nun pau, unha bóla e unha plataforma que se elevaba até un burato que tiña no medio. Máis ou menos polo mesmo tempo tamén estreaba a miña carreira como golfista virtual no World Class Leaderboard Golf da Game Gear. [continuar lendo]
Princess Remedy 2: In A Heap of Trouble
Gañei este Princess Remedy 2 nun sorteo da BoardGameGeek, que tiña o mesmo formato e autor có que me deu o Fortune-499. Ambos teñen unha protagonista feminina, gráficos “retro” e musiquiña a xogo. Debido ao moito que me gustou o outro, instalei este nada máis obtelo, inda que deixei pasar algúns meses antes de decidirme a xogalo. [continuar lendo]
Récords videoxogos 2005
Facendo arqueloxismo dixital atopei unha táboa con algúns dos meus récords de puntuación de varios xogos, con data de setembro do 2005. Proveñen dunha páxina británica onde os xogadores podían subir as súas mellores puntuacións e ver como se comparaban coas doutros rivais. [continuar lendo]