– Ola e benvidos todos a este programa especial adicado á lendaria loitadora Xermade “Xogona” Xesteda! Ao meu pesar, Vince McMahon, o amo e señor de MediaLar dende hai unha semana, non me deixou escoller compaña para hoxe, así que velaquí está outra vez o único e irrepetíbel Matemáxico! [continuar lendo]
Mes: Abril 2020
Keep Talking and Nobody Explodes. A experta
Por vez primeira, hoxe non son eu o que vos fai falar dun xogo. Nesta ocasión conto coa colaboración especial de Tania, á cal podedes ler habitualmente no blogue de Petite Blasa. Agardo que vos guste e moitas grazas pola súa achega! [continuar lendo]
Keep Talking and Nobody Explodes. O desactivador
Logo de ter o punto de vista dunha experta, agora falarei eu dende o meu rol de desactivador de bombas no Keep Talking and Nobody Explodes. O das habitacións de escape, xa sexan físicas ou virtuais, nunca foron o meu, pero neste caso o único que tiña que facer era describir o que vía e deixar que o meu equipo de dúas expertas solucionase os crebacabezas por min. [continuar lendo]
Defense Grid: The Awakening
Ultimamente atópome a programar un novo videoxogo que ten algúns conceptos de “defensa de torres”. Por facelo máis divertido, decidín ir engadindo as mecánicas de unha e unha, simplemente tendo unha idea xeral de onde quero ir pero improvisando polo camiño. [continuar lendo]