Un colega que por aquel entón mercaba a Nintendo Acción cada mes falabame dos avances dun novo xogo de rol para a Game Boy con moi boa pinta. Convenceume até tal punto que merquei unha Pocket de segunda man e presenteime nuns grandes almacenes o día da estrea. [continuar lendo]
Autor: Xogón
O señor dos aneis LCG. Asedio de Cair Andros
Xa falara do meu gran fracaso tentando resistir o asedio na illa de Cair Andros en solitario. En troques de escoller un equipo de heroes máis axeitado para esa misión, decidín elixir a un par de xogadores para que me botasen unha man co desafío. [continuar lendo]
Brütal Legend
Noutra páxina que non vén a conto presentábame dicindo que era “fanático da música en todas as vertentes: dende o heavy metal até o black metal, pasando polo thrash metal, speed metal, death metal, folk metal, symphonic metal, viking metal, epic metal, gothic metal, power metal e esa música rara que fai o tipo do caldeiro na cabeza”. [continuar lendo]
Super Mario World
Xa contara por aquí que o Super Mario World da Super Nintendo foi o único xogo co fontaneiro como protagonista que tiven en propiedade. E abofé que lle saquei rendibilidade no seu momento, xa que innumerábeis son as horas que lle adiquei a explorar e gozar dos seus niveis. [continuar lendo]
Taekwon-Do
De raparigo fixen algúns anos de karate. O máis divertido era cando facíamos “kumite”, o combate. Era bastante máis inofensivo có que podemos ver neste Taekwon-Do da Super Famicom, pero tamén son deportes diferentes. Polo menos neste xogo os golpes son de verdade e nin sequera hai proteccións, algo que é moi aparente pola cantidade de loitas que rematan en K.O., [continuar lendo]