Un dos meus cincocentos bosquexos de xogos programados por min era un de rol por quendas no que o xogador manexaba un pez pequeniño nun océano tamén pequeniño e hostil. Había que escoller as loitas para ir crecendo a bo ritmo sen amolar aos máis perigosos. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Cladun: This is an RPG. Capítulo 2
Ao final todos os puntos que mencionei na entrada anterior apareceron dunha ou doutra maneira neste segundo tramo de xogo. Por comezar polas últimas horas direi que creei unha nova feiticeira de pelo roxo chamada Willow, e que foi precisamente ela (apoiada por Pudding, Sherbet e Anyanka; poder de muller!) [continuar lendo]
Cladun: This is an RPG. Capítulo 1
O Disgaea é o xogo ao que lle adiquei máis horas na miña gorda PSP, e até o meu avatar nesta páxina ven de aí. Dende que o descubrín miro con agarimo todos os xogos que me atopo de Nippon Ichi, inda que algúns non vaian ben comigo. [continuar lendo]
Final Fantasy IV. Capítulo 3
Pasaron moitas cousas dende a entrada anterior, e a verdade é que non lembraba a meirande parte delas do meu primeiro paseo polo xogo. De entrada sorprendeume o curtiño que resultou o xogo, xa que tiña o final ao meu alcance ao pouco de comezar a segunda decena de horas. [continuar lendo]
Final Fantasy IV. Capítulo 2
Só xoguei unhas tres horas dende o anterior artigo, mais coido que xa teño material abondo como para escribir un novo. Neste tempo a historia avanzou bastante, e o nivel de Cecil como paladín disparouse dende o primeiro até preto do trinta. [continuar lendo]