Os xogos clásicos de pelexas un contra un foron seguramente dos meus favoritos mentres crecía na década dos noventa. Dende un Masters of Combat na Master System II até os últimos King of Fighters do milenio, pasando por varios Street Fighter, podo trazar parte do meu bagaxe videolúdico en torno a este xénero. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Terraria
Recordo aquela versión “alpha” do Minecraft, a primeira que permitía xogar en liña cos colegas. E digo xogar dunha maneira un pouco xenerosa, porque con tantos brincos e erros aquilo era calquera cousa agás unha experiencia lúdica satisfactoria. Moito evolucionou o xogo dende entón, e moito cambiei eu tamén. [continuar lendo]
Plants vs. Zombies
Non tiña pensado escribir sobre este xogo, da mesma maneira que non tiña pensado xogar máis de dez horas ao mesmo… e ao final foron quince. No comezo empregueino coma unha escusa para poñerme ao día nos podcasts mentres facía algúns clicks. [continuar lendo]
Battlecards
De cando en vez vólvenme as ganas de programar algún outro xogo de ordenador. No canto de comezar outro proxecto que non chegará a ningures, tendo a procurar código libre xa existente para colaborar ou tomar coma punto de partida. Semella que a meirande parte de desenvolvedores non aposta por licencias libres, polo que sempre remato mirando os mesmos xogos unha e outra vez. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: herdeiros de Númenor (II)
Levoume bastante tempo xogar estas tres últimas misións do meu plan orixinal. Máis que nada foi pola preguiza de montar o mazo de encontros e atopar un bo anaco de tempo no que estivese tranquilo, descansado e con boa luz. [continuar lendo]