Fai algunhas semanas xoguei ao Outrun 2006: Coast 2 Coast na PSP, unha versión moderna (a estas alturas nin tanto, pero ben entendedes) do clásico de Sega que non me convenceu tras uns quince minutos de xogo. Mais o ruxerruxe de botar unhas carreiriñas na portátil ficoume enriba. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Titan Quest Anniversary Edition. Acto 4
Ao pouco de comezar o acto obtiven unha fórmula para montar un artefacto maior. Só precisaba algúns compoñentes que podía obter cazando demos e felinos dentes-de-sabre; inda que tería que ofertar o artefacto menor que levaba enriba. Fíxeno mentres escoitaba Vis Ludica, e foi unha mala idea (o de ofertar o artefacto menor, non o de escoitar Vis Ludica, que sempre é divertido). [continuar lendo]
Titan Quest Anniversary Edition. Acto 3
Non tardei moito neste terceiro acto en caer finado ante unhas arañas; foi nada máis chegar aos xardíns de Babilonia. Pouco máis adiante decidín escoller “guerra” coma segunda mestría para Xiana, que mesturada con cazaría dan lugar ao rol de executora. [continuar lendo]
Titan Quest Anniversary Edition. Acto 2
Quizais non fun amábel de todo con este xogo no anterior artigo. A verdade é que estouno a pasar ben aniquilando monstros mitolóxicos coas radios de contidos lúdicos de fondo. Desta vez vou mencionar a GMS Magazine, do que atopei os seus vellos capítulos en castelán tras varios anos de escoitar a Paco en inglés. [continuar lendo]
Titan Quest Anniversary Edition. Acto 1
Recordo ter lido, nunha revista especializada en xogos de ordenador, unha reportaxe bastante extensa do Diablo 2 por mor do seu lanzamento. Unha das capturas tiña un pé de foto dicindo algo así como “se pegas moito a orella á páxina, poderás escoitar a arrepiante banda sonora e os aterrecedores berros dos inimigos”. [continuar lendo]