Este Hacknet é a secuela espiritual do Uplink, un simulador publicado a principios de século da polo entón chamada pirataría informática. Eu xogara un pouco deste Uplink fai tempo, pero non recordo máis có sentimento de ser parte activa dunha película de hackers. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Lasers and Treason: Stealth Train
Fai dous anos e medio quixen ter a responsabilidade de dirixir unha tarde de rol para un grupo de sete/oito persoas. Algúns tiñan un par de meses de experiencia de Pathfinder, outros era a primeira vez que xogaban a un xogo de rol e ningún sabía nada sobre Paranoia. [continuar lendo]
Rocketbirds: Hardboiled Chicken
Un amigo deixou unha boa crítica deste Rocketbirds en Steam. A única contra que mencionou foi que o xogo non tiña ningunha dificultade, polo que decidín comezalo no modo difícil para ter algo de desafío. Pode que non fose a mellor das ideas, pero non me arrepinto de telo feito. [continuar lendo]
Thunderstone: Dragonspire
O primeiro xogo de construción de mazos que xoguei foi o Dominion, e levoume a cabeza. A idea de ir montando a baralla como parte do xogo, tanto engadindo cartas novas coma mellorando ou eliminando as máis fébeis, pareceume unha xenialidade. [continuar lendo]
Final Fantasy II. Capítulo 4
Para concluír con este último tramo do xogo tiven que pasear por tres alxubes bastantes grandes. Un par de veces ou tres escollín un camiño incorrecto que remataba nun tesouro que, normalmente, aumentaba as capacidades ofensivas ou defensivas dos meus personaxes. [continuar lendo]