Suikoden, capítulo 2

Despois da arreada inicial para coller velocidade, troquei a frecuencia de publicación dos artigos a un por semana, polo que os mércores á noitiña poderedes ler as miñas aventuras lúdicas. Tamén tedes un RSS, para descubrilos ó momento.


Tras vencer na primeira batalla a gran escala coa que terminei o capítulo anterior, tiven unha segunda que me deu acceso a unha nova zona que até ese momento se atopaba inaccesíbel por mor dunha fortaleza inimiga que bloqueaba o paso. [continuar lendo]

Suikoden, capítulo 1

O xogo comeza dándome o control do protagonista, o fillo dun xeneral moi respectado no imperio. “Meu” pai marcha e eu teño que empeza-la miña carreira como peón no mesmo exército. Na primeira entrevista co emperador déronme a oportunidade de renegar do exército xa de entrada, pero seleccionar esa opción non tivo ningún efecto no xogo porque se tomou como unha broma. [continuar lendo]