O Columns foi a resposta de Sega ao éxito do Tetris, a súa aposta por un videoxogo no que os bloques caen da parte de arriba da pantalla. Neste caso, como o seu nome ben indica, son piares, formados por tres bloques de diferentes cores, os que teremos que dispor na parte baixa. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Golden Sun: a curta aventura de Xogon
Recomendárame este xogo da Game Boy Advance un bo amigo nos tempos que eu andaba ocupado con Suikoden. Dende entón cruzábamo de cando en vez procurando xogos de rol consoleiros, polo que finalmente me decidín a darlle un tento. “Adquirino” para a PSP e puxen as mans no mando! [continuar lendo]
Monster Hunter Freedom Unite: Kandra sae da escena
Desta vez non rematei cun nivel de misións antes de escribir este capítulo, mais inda así completei un bo feixe de buscas. Ademais das misións da aldea e as de práctica, das que xa falei en entradas anteriores, tamén hai outras de procura de tesouro e as denominadas “misións de gremio”. [continuar lendo]
Monster Hunter Freedom Unite: o arquinimigo acuático-selvático
Continúo coas aventuras neste xogo asasinando máis e máis monstros para obter unha ganancia persoal. Tecnicamente hai dúas razóns para seguir cos xenocidios: a primeira é axudar aos veciños da aldea Pokke; a segunda é obter práctica e equipamento para vingarme do gran dragón que case me finou na cinemática inicial do xogo. [continuar lendo]
Monster Hunter Freedom Unite: (re)iniciación
Sabes que un xogo vai para largo cando, após 18 horas rexistradas de partida, recibes un agasallo por completar os niveis de iniciación. E óllese que digo horas rexistradas porque máis dunha vez apaguei a consola cando as cousas non ían coma eu agardaba, polo que as horas reais son estritamente máis. [continuar lendo]