No mapa que ven co xogo tamén pódense ver uns círculos negros, outros brancos e outros metade-e-metade; inda non se me deu por visitar eses lugares pero ten pinta de que se corresponderán coas fases da lúa! Ou das lúas, mellor dito, xa que sempre aparecen a pares, tanto no mapa coma na parte superior da interface da fiestra do xogo. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Ultima IV: Silva 2 – 0 Xogón
Coa runa da compaixón no peto, vagueei un pouco cara o norte até que atopei unha vila ao lonxe. Ese foi exactamente o momento no que me deixei ir e pisei unhas silveiras, lembrando de maneira directa os meus primeiros pasos no mundo de Ultima. [continuar lendo]
Ultima IV: unha runa, por compaixón
Comecei este capítulo recentemente chegado ao mapa xeral após saír do castelo de Lord British. Tiña intención de chegar de novo a cidade dos guerreiros para seguir coa procura da pedra vermella, mais sen ter idea de onde podería estar sita. [continuar lendo]
Ultima IV: os perigos das silveiras
O primeiro que pregunta o xogo nada máis arrancar é o nome e o xénero (binario), desta vez escollín home para o personaxe principal. A historia comeza co protagonista descansando nun prado da súa axitada vida nun mundo tecnolóxico. De súpeto, un portal azul emerxe do chan e desaparece de novo, deixando un amuleto con formar de ankh e un libro de coiro que fala doutro mundo necesitado de axuda. [continuar lendo]
Ultima IV: A procura do avatar
A miúdo tento atopar algunha obra que sexa máis elevada que calquera outra, que amose algo que vaia máis aló da propia obra. Non teño unha definición particular para ese “algo”, nin sequera algunha característica que ten que cumprir, pero ás veces acho anacos que me dan algo de esperanza. [continuar lendo]