Warhammer 40.000: Squad Command, primeira parte

Nesta entrega da saga Warhammer 40.000 para consolas portábeis levamos toda unha escuadra, como o seu nome ben indica, ao contrario que no singular Space Marine. O xénero tamén trocou porque desta vez temos unha perspectiva aérea do campo de batalla e comandamos as nosas tropas en quendas alternas co inimigo. [continuar lendo]

Strider: saltando montañas, atravesando vales

Strider pasou do manga aos videoxogos en 1989, pero a miña primeira experiencia con el foi unha década máis tarde manexando a Hiryu no Marvel vs. Capcom das recreativas. Alí destacaba polo seu especial (qcf+mp+hp, se recordo ben) que lle permitía facer combos moi longos con pouco esforzo. [continuar lendo]

Turbo Pug DX: corazón da escuridade

Facer un xogo sinxelo con sesións medidas en segundos non debería estar contraposto a facer un xogo decente.  Este Turbo Pug DX para PC comeza cunha premisa simple e uns gráficos aceptábeis pero apáñase para facer todo o resto mal. Un cadeliño vai correndo sen fin cara a dereita da pantalla atopando obstáculos polo camiño. [continuar lendo]