Tíñalle ganas a este primeiro xogo da loada saga, e escollín a versión do Final Fantasy Origins da PSX despois de moito investigar porque corrixe erros da versión orixinal e non trae nin contido extra nin cambios significativos nas mecánicas do xogo. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Suikoden, resumo final
Suikoden, un xogo publicado por primeira vez en 1995 para a Playstation e contado en galego tamén por vez primeira (que eu sepa!) por Xogón en 2018. Dende entón, sacaron catro secuelas directas e algúns outros títulos até que os novos desenvolvementos dentro da saga paráronse en 2015. [continuar lendo]
Suikoden, capítulo 3
Ola! No momento de escribir isto inda non hai ningún comentario en toda a páxina, pero están máis que abertos tanto para este artigo coma para calquera outro pasado ou futuro. Non fica claro co formulario actual, pero tódolos campos (nome, email, web) son opcionais e non podo nin saber a IP que empreguedes. [continuar lendo]
Suikoden, capítulo 2
Despois da arreada inicial para coller velocidade, troquei a frecuencia de publicación dos artigos a un por semana, polo que os mércores á noitiña poderedes ler as miñas aventuras lúdicas. Tamén tedes un RSS, para descubrilos ó momento.
Tras vencer na primeira batalla a gran escala coa que terminei o capítulo anterior, tiven unha segunda que me deu acceso a unha nova zona que até ese momento se atopaba inaccesíbel por mor dunha fortaleza inimiga que bloqueaba o paso. [continuar lendo]
Suikoden, capítulo 1
O xogo comeza dándome o control do protagonista, o fillo dun xeneral moi respectado no imperio. “Meu” pai marcha e eu teño que empeza-la miña carreira como peón no mesmo exército. Na primeira entrevista co emperador déronme a oportunidade de renegar do exército xa de entrada, pero seleccionar esa opción non tivo ningún efecto no xogo porque se tomou como unha broma. [continuar lendo]