A principios dos anos noventa, por algún motivo que agora non son capaz de precisar, gustábame especialmente o Ferrari Testarrossa (a dobre r era invención miña). Tiña un par de modelos de metal cos que facía carreiras polo corredor da casa, antes de gardalos no seu aparcadoiro de plástico, un deses con varios andares comunicados por ramplas. [continuar lendo]
Autor: Xogón
Super Street Fighter II: The New Challengers
O Super Street Fighter II: The New Challengers trouxo á miña Mega Drive un dos meus xogos preferidos das recreativas. Sen necesidade de meter moedas, e con catro personaxes novos, converteuse nun dos grandes éxitos para xogar na pequena pantalla. [continuar lendo]
Rhino Hero: Super Battle
O meu colega máis especializado en xogos de taboleiro, que tamén fai as veces de camelo lúdico, sacoume unha tarde o Rhino Hero, un xogo para todas as idades consistente en facer unha torre de naipes. Pasámolo ben construíndo competitivamente, poñendo a proba os nosos pulsos até a irremediable derruba da edificación. [continuar lendo]
Don’t Move
Parte do meu pasado lúdico do que non me considero especialmente orgulloso comprende un par de curtos idilios con videoxogos de facer-clic-e-agardar. Primeiro foi o Cookie Clicker, cuxa novidade venceu varias batallas contra as miñas ganas de estudar. Algúns anos máis tarde, xa coma engrenaxe activo da maquinaria capitalista, levaba o Idle Oil Tycoon no peto, gañando cantidades sen sentido de diñeiro virtual incluso cando estaba a durmir. [continuar lendo]
Final Fantasy Adventure
Un colega das recreativas trocoume durante un tempo algún dos meus xogos polo seu Secret of Mana da Super Nintendo, que supoño que lle gustaba bastante porque tiña unha partida gardada con todos os personaxes ao nivel 99 con todas as maxias tamén maximizadas. [continuar lendo]