Nunha decisión de deseño que non comparto moito, o xogo impide ter unha mesma carta asignada a máis dun mazo ao mesmo tempo. Isto obrígame, dadas as pouquiñas cartas da miña colección, a ter que desarmar unha baralla cada vez que queira probar outra nova. [continuar lendo]
Autor: Xogón
The Eye Of Judgment: Legends (I)
O Eye of Judgment foi un xogo da Playstation 3 que acadou certa sona por mesturar cartas físicas para un representación virtual. Este Legends da PSP non ten compoñente fóra da pantalla, mais conserva as mesmas regras e mecánicas. É a miña primeira experiencia coa saga e o titorial só explica o máis básico, polo que fun aprendendo a base de erros. [continuar lendo]
Castlevania: The Dracula X Chronicles, segunda parte
Conseguín atopar todas as pantallas alternativas e todas as conexións entre elas pola miña conta. Non tiven tanto éxito salvando ás doncelas. Cheguei até un dos escondedoiros onde uns chanzos levaban a xunto da monxa, pero non fun quen de distinguir ditas escaleiras nas miñas investigacións. [continuar lendo]
Castlevania: The Dracula X Chronicles, primeira parte
Normalmente comezo as entradas falando da miña experiencia previa coa saga en cuestión, pero neste caso é bastante espallada como para enunciala, inda que se centrou máis nos que mesturan elementos de rol. Desta vez estívenlle dando ao Rondo of Blood, ao que xa xogara no pasado, mesmo que xa nin o recordaba. [continuar lendo]
Android: Netrunner, Rielle contra HB
Coido que o Android: Netrunner é actualmente o meu xogo de taboleiro competitivo preferido, inda que non teño máis que a caixa básica e seis paquetiños de datos (ou, se cadra, precisamente por iso). A semana pasada veu o camarada que me agasallara este mesmo xogo hai xa varios anos e, ante a miña insistencia, collemos as barallas que tiña preparados e xogamos. [continuar lendo]