Fai exactamente dous anos do 9 de maio de 2018, o día que botou a andar esta páxina. Non tiña máis esperanza ca ter os escritos sobre xogos que levaba un tempiño facendo nun lugar máis moderno e distribuído ca os meus caderniños físicos. [continuar lendo]
Categoría: Inclasificábel
Especial 100 entradas
A entrada anterior nesta páxina foi a número cen. Durante un ano e medio apañeime para escribir e publicar polo menos un artigo por semana, chegando a dobrar ese número nos últimos tempos. O que me sorprendeu máis a min mesmo foi que atopara tempo abondo non só para xogar a tanto xogo tan a cotío, senón tamén para documentalo por escrito, tendo en conta que boa parte do proceso que sigo non é o máis áxil: logo de xogar e meditar lixeiramente sobre a experiencia, collo un caderno e un bolígrafo e esbardallo dúas páxinas co que se me vai ocorrendo, sen facer moita investigación. [continuar lendo]
…
No seu lar de In’erneth, Eu-Xogoth agarda xogando.