Das aventuras clásicas de Lucas Arts só xoguei un tempo prudente ao primeiro Monkey Island, unha historia que debín comezar unha ducia de veces pero na que só cheguei unha á parte de fender os mares. Por sorte, isa foi a partida na que completei a historia, polo que entendo de primeira man todos os chistes de simios tricefálicos. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Trigono
Recoñecerei que hai varios videoxogos que me teñen boa pinta nas tendas de aplicacións de Android, pero que me nego a instalar polo depredadores que son os seus plans económicos e porque non me fío de que non pecharán os servidores cando lles pete. [continuar lendo]
Torchlight. Capítulo 2
Atopábame de vacacións e con poucas ganas de facer algo produtivo, polo que lle botei un ollo aos acadamentos deste Torchlight en Steam para ver se podería subir a miña porcentaxe de completados, un vicio como calquera outro. Chamoume a atención o de superar o xogo en menos de cinco horas. [continuar lendo]
Torchlight. Capítulo 1
Dende os primeiros acordes deste Torchlight o xogo intenta enviarnos ao Tristam do Diablo. Eu pasei máis tempo no pequeno nivel post-apocalíptico da segunda entrega rescatando a Deckard Cain ca na primeira falando con Griswold e compañía; de feito, para min Griswold sempre será ese morto vivente que che maldicía a base de puños. [continuar lendo]
Wild Arms XF
Xa case é unha tradición, polo que comezarei esta entrada falando dun xogo programado por min que non durou máis dunha semana. Neste caso o prototipo era dun xogo de tácticas por quendas ao estilo do Shining Force ou o Final Fantasy Tactics, co engadido de que os personaxes serían claramente inspirados por outros de videoxogos famosos: o boina verde, Simon Belmont, Solid Snake, etc. [continuar lendo]