Slay the Spire. Capítulo 4

O Slay the Spire segue a ser un dos meus xogos favoritos; incluso o considero inspirador á hora de aprender a levar un xogo dende unha idea orixinal até unha boa culminación. Co obxectivo de saber máis sobre os límites do mesmo, decidín darlle un bo tento aos acadamentos que me faltaban por conseguir. [continuar lendo]

Slay the Spire. Capítulo 3

Xa falei de todas as bondades que ten a parte lúdica deste Slay the Spire, pero os desenvolvedores tamén fan un bo traballo levando o xogo ao día mediante arranxos de erros, parches para equilibrar os diferentes compoñentes e até, neste caso extraordinario, unha nova protagonista cos seus novos mecanismos e unha colección de cartas novas, por non falar das reliquias a xogo. [continuar lendo]

Side Pocket

Algunhas das anécdotas que teño relacionadas co billar pasan dende aquela vez que un pícaro de cinco anos rompeume a boca cunha bóla nun cámping galego, até un intento de partida nun decadente bar danés, sen esquecer aquela bóla raiada verde que roubou un compañeiro de secundaria e que, por algún motivo que nunca comprendín, ma regalou. [continuar lendo]

Rhapsody: A Musical Adventure. Capítulo 2

Outra cousa de este xogo que me recorda dalgúns feitos co RPG Maker é a presenza de sistemas enxeñosos pero totalmente sobros. Eu, por exemplo, non merquei nada nas tendas nin empreguei ningún obxecto consumíbel, basicamente porque non facía falla para nada. [continuar lendo]

Rhapsody: A Musical Adventure. Capítulo 1

O meu capítulo preferido de Buffy, cazavampiros é Once More, with Feeling. As cancións son boas e a trama avanza de boa maneira logo do acontecido ao longo da sexta tempada. A combinación das melodías pegañentas coas letras apropiadas para a narrativa é maxistral, especialmente cando estas se poden extrapolar á vida real de cada un, ao igual ca moitas outras metáforas da serie. [continuar lendo]