Kirby’s Block Ball

A primeira vez que toquei unha Game Boy foi na rúa onde xogaba de cativo. Ese día non había pelota, pero entre todos improvisamos unha proba mixta con esa consola, o Tetris, un cronómetro e dúas bicicletas. Pero iso é outra historia, só quería introducir a segunda vez que tiven nas miñas pequenas mans a gran consola portátil de Nintendo. [continuar lendo]

VVVVVV

Como xa adiantei na posdata da entrada anterior, non continuei moito máis coa partida do Rise of the Tomb Raider. Volvino a arrancar e, logo da longa carga inicial, atopeime coma dentro dun soño: todo tiña unhas cores raras, non sabía como chegara até aí e non era capaz de saber o que significaban todas esas letras que aparecían na pantalla. [continuar lendo]

Great Greed

Hoxe en día, particularmente estas semanas, fálase moito, e con razón, do cambio climático e a loita do capitalismo contra o mesmo, cun claro gañador por máis que o combate continúe. Agora hai algúns que buscan referentes desa loita en rapazas carismáticas, pero nos anos 90 o efecto invernadoiro  tiña un aliado máis poderoso: o Capitán Planeta. [continuar lendo]