Tras rematar os tres primeiros Final Fantasies (I, II e III), decidín botarlle un ollo ao comezo da saga Dragon Quest ou Dragon Warrior, a súa competencia directa durante boa parte da súa existencia. Eu unicamente tiña xogado á oitava edición, case até o final, na Playstation 2; e a esta primeira un pouco durante unha ou dúas tardes, sen chegar moi lonxe. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Final Fantasy III. Capítulo 4
Rematado, por fin! E non digo “por fin” porque o xogo fose moi longo ou aburrido; e máis ben porque o último alxube da aventura levoume horas, nervios e paciencia. Na miña segunda incursión no castelo de cristal conseguín chegar bastante lonxe, pero morrín sen consolidar a ganancia, igual ca na primeira vez. [continuar lendo]
Final Fantasy III. Capítulo 3
Pois, efectivamente, o xogo avanza rapidamente con moitos alxubes pequenos. Ben é certo que a dificultade estase a incrementar, polo que xa vin algunhas veces a pantalla de xogo terminado. Debido a isto, troquei os meus plans para ser un pouco máis conservador e saír logo dunha primeira incursión, consolidando as ganancias de puntos de experiencia e tesouros. [continuar lendo]
Final Fantasy III. Capítulo 2
Retomar o xogo serviume para lembrar as tramas da historia. Os catro orfos protagonistas son os guerreiros da luz, escollidos por gracia cristalina-divina para devolver o equilibrio ao mundo, logo de que a escuridade comezase a gañar terreo despois de mil anos. [continuar lendo]
Final Fantasy III. Capítulo 1
Apetecíame coller outra vez a PSP, pero non tiña claro que xogo ou xénero escoller. Instalei o Final Fantasy III, entre outros, simplemente por telo a man e continuar algún día coa saga da que xa falara nestas páxinas (I e II). [continuar lendo]