Moitos xogos poden resumirse nun pedra-papel-tesoira, pero este Fortune-499 faino explícito empregando eses tres elementos e as súas regras de vitoria coñecidas por todos. Este mecanismo é mesturado co de construción de barallas, podendo xogar até catro cartas cada quenda, co obxectivo de tentar saber as probabilidades do que xogará o rival. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Os Sims
Merquei o xogo dos Sims ao pouquiño de que este fora publicado, xogueino bastante por aquel entón e non o volvín tocar. Antes deste, xa probara outros xogos do creador, Will Wright, seguramente o primeiro deseñador lúdico que fun quen de recoñecer polo nome. [continuar lendo]
Sonic Generations
Como xa se pode adiviñar lendo os meus artigos desta páxina, fun un neno de SEGA nos 90. Nesa década seguramente xoguei a xogos de Sonic nas catro consolas da marca que tiven, pero as execucións clásicas nunca foron das miñas favoritas, preferindo algunhas variantes coma o Spinball ou o R (tamén coñecido coma o do Everybody’s Super Sonic Racing). [continuar lendo]
Altered Beast
Este Altered Beast da Mega Drive é unha adaptación das recreativas, é nótase xa dende a primeira interacción: ao premer o botón de comezo na clásica pantalla co logo do xogo pasamos directamente á acción. Non hai menús intermedios, selección de personaxe, titoriais nin nada semellante. [continuar lendo]
Type:Rider
Como paso moito tempo escribindo nun ordenador cada día, tendo a pensar que me iría mellor se aprendera unha distribución de teclado máis óptima que a tradicional do país, onde non tivese que mover tanto as mans para premer as teclas máis frecuentes. [continuar lendo]