Son moi mexeriqueiro para os xogos: se teñen algún compoñente de terror, pásoo mal e non o gozo. Sufro especialmente coas vistas en primeira persoa, e nin sequera é preciso que os sustos estean planeados: xirar a cámara e atopar un inimigo correndo cara min é suficiente para que comece a suar e poñerme nervioso. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
I am Bread
Coma xa dixen no especial de cen entradas, nalgún momento quizais debería pensar se paga a pena seguir escribindo artigos deste xeito, ou se debería trocar o que xa é un ha tradición e procurar xerar algo de contido máis interesante. [continuar lendo]
Picross Galaxy
Ao igual ca no anterior AirportPRG, este Pricross Galaxy tamén é un xogo honesto para plataformas móbiles. Cada desafío é un crebacabezas, sempre coas mesmas regras, e atopamos unha tira de publicidade na parte baixa da aplicación mentres xogamos e vídeo publicitario saltábel tras superar cada un; nin máis, nin menos. [continuar lendo]
AiportPRG
Raro é atopar un xogo para móbiles que sexa honesto, adaptado aos controis nativos deste tipo de plataformas e totalmente gratis, sen microtransaccións nin publicidade. Este AirportPRG cumpre con todos eses puntos, agás por un pequeno anuncio doutro xogo do mesmo creador, mais é totalmente comprensíbel e nada intrusivo. [continuar lendo]
Divide By Sheep
Algo que me tira cara atrás de moitos xogos crebacabécicos é cando esixen múltiples condicións máis aló da superación do desafío para outorgar todos os puntos. Refírome a requirimentos tales coma completalo en certo tempo, certo número de movementos ou maximizando algunha variábel. [continuar lendo]