SNK vs. Capcom: Card Fighters Clash

Os xogos clásicos de pelexas un contra un foron seguramente dos meus favoritos mentres crecía na década dos noventa. Dende un Masters of Combat na Master System II até os últimos King of Fighters do milenio, pasando por varios Street Fighter, podo trazar parte do meu bagaxe videolúdico en torno a este xénero. [continuar lendo]

Battlecards

De cando en vez vólvenme as ganas de programar algún outro xogo de ordenador. No canto de comezar outro proxecto que non chegará a ningures, tendo a procurar código libre xa existente para colaborar ou tomar coma punto de partida. Semella que a meirande parte de desenvolvedores non aposta por licencias libres, polo que sempre remato mirando os mesmos xogos unha e outra vez. [continuar lendo]

Slay the Spire. Capítulo 2

Desbloqueáronse dúas novas funcionalidades cando superei o xogo inicial cós tres personaxes: o modo “ascensión” e a posibilidade de loitar contra o corazón da torre, literalmente, facéndollo honor ao título de Slay the Spire. Decidín centrarme neste último modo. Para chegar até o corazón hai que xogar unha partida normal, pero recollendo tres pezas dunha chave polo camiño, o cal engade certa dificultade adicional xa que para obtelas temos que renunciar a outras recompensas e loitar contra inimigos máis poderosos. [continuar lendo]