Hai un par de xogos de cartas aos que lles teño botado o ollo dende fai tempo: este Slay the Spire en virtual e o Aeon’s End en físico. De feito, ámbolos dous fóranme recomendados por amigos que me coñecen ben logo de apuntalos na miña curta lista de desexos. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Rise of the Argonauts. Capítulo 2
Deixei este xogo en barbeito durante case dous meses antes de darlle un empurrón para chegar até o final. O principal que lembraba da trama era que o obxectivo de Xasón é conseguir o vélaro de ouro (tamén recordaba o termo) para resucitar á súa dona. [continuar lendo]
Rise of the Argonauts. Capítulo 1
Escollín este Rise of the Argonauts da miña ampla (inda que pouco interesante) ludoteca de Steam porque non tiña unha pinta terríbel e porque coido que non sei case nada de Xasón e os argonautas. Supoño que haberá moitas cousas que me soarán por osmose cultural, pero de primeiras diría que ten algo que ver cunha nave e co vélaro de ouro (termo que recoñezo que saquei da Galipedia, porque non houbese dado con el; cousas de non ser de campo nin Otero Pedrayo). [continuar lendo]
Shiplord, e o xogo ese dun Newton ninja
En xuño de 2012 reunímonos catro camaradas nunha casa coa fin de facer dous videoxogos en 48 horas. A temática foi decidida por un árbitro externo no primeiro minuto do evento e cada equipo fixo o que puido para completar un xogo que integrase “ninja” e “gravidade”. [continuar lendo]
Braveland
Este Braveland é un xogo de estratexia/táctica sen pretensións: arte funcional, mecánicas sinxelas e historia narrativa fantasiosa e baleira. Inda que eu xoguei nunha televisión grande, a versión está pensada para tamén ser xogada en pantallas pequenas, polo que tanto ás interfaces coma o resto de sistemas visuais están adaptados para as súas características. [continuar lendo]