They Bleed Pixels

Inda non entendín ben o título de They Bleed Pixels. É certo que hai moreas de sangue virtual cada vez que os golpeamos a “eles” ou, máis comunmente, cando precipitamos a protagonista cara unha morte segura sobre unhas serras. Mais a narrativa vai dunha rapariga que descobre un libro que a transforma todas as noites durante os seus soños, con certas alteracións físicas que persisten na mañá seguinte. [continuar lendo]

Titan Quest Anniversary Edition. Acto 4

Ao pouco de comezar o acto obtiven unha fórmula para montar un artefacto maior. Só precisaba algúns compoñentes que podía obter cazando demos e felinos dentes-de-sabre; inda que tería que ofertar o artefacto menor que levaba enriba. Fíxeno mentres escoitaba Vis Ludica, e foi unha mala idea (o de ofertar o artefacto menor, non o de escoitar Vis Ludica, que sempre é divertido). [continuar lendo]