Non tardei moito neste terceiro acto en caer finado ante unhas arañas; foi nada máis chegar aos xardíns de Babilonia. Pouco máis adiante decidín escoller “guerra” coma segunda mestría para Xiana, que mesturada con cazaría dan lugar ao rol de executora. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Titan Quest Anniversary Edition. Acto 2
Quizais non fun amábel de todo con este xogo no anterior artigo. A verdade é que estouno a pasar ben aniquilando monstros mitolóxicos coas radios de contidos lúdicos de fondo. Desta vez vou mencionar a GMS Magazine, do que atopei os seus vellos capítulos en castelán tras varios anos de escoitar a Paco en inglés. [continuar lendo]
Titan Quest Anniversary Edition. Acto 1
Recordo ter lido, nunha revista especializada en xogos de ordenador, unha reportaxe bastante extensa do Diablo 2 por mor do seu lanzamento. Unha das capturas tiña un pé de foto dicindo algo así como “se pegas moito a orella á páxina, poderás escoitar a arrepiante banda sonora e os aterrecedores berros dos inimigos”. [continuar lendo]
Hacknet
Este Hacknet é a secuela espiritual do Uplink, un simulador publicado a principios de século da polo entón chamada pirataría informática. Eu xogara un pouco deste Uplink fai tempo, pero non recordo máis có sentimento de ser parte activa dunha película de hackers. [continuar lendo]
Rocketbirds: Hardboiled Chicken
Un amigo deixou unha boa crítica deste Rocketbirds en Steam. A única contra que mencionou foi que o xogo non tiña ningunha dificultade, polo que decidín comezalo no modo difícil para ter algo de desafío. Pode que non fose a mellor das ideas, pero non me arrepinto de telo feito. [continuar lendo]