Para concluír con este último tramo do xogo tiven que pasear por tres alxubes bastantes grandes. Un par de veces ou tres escollín un camiño incorrecto que remataba nun tesouro que, normalmente, aumentaba as capacidades ofensivas ou defensivas dos meus personaxes. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Final Fantasy II. Capítulo 3
Desta vez tiven que viaxar polo mundo do xogo no meu propio barco. Primeiro para salvar á princesa, que fora secuestrada; logo para reconquistar unha cidade, que fora tomada polo imperio; e por último para obter un poderoso feitizo, co que podería rematar có emperador En realidade, despois de pensalo un pouco, decateime de que o meu grupo non é máis que o brazo executor do reino de Altair. [continuar lendo]
Final Fantasy II. Capítulo 2
Nesta parte do xogo temos que viaxar dende Altair até diferentes puntos do mundo para atopar solucións ao grande poderío e abusos do imperio. Comezamos co mithril, que foi bastante inútil, seguimos con máquinas voadoras e, por último polo de agora, procurando a axuda de dragóns e as súas serpes con ás (tamén coñecidas coma dragóns). [continuar lendo]
Final Fantasy II. Capítulo 1
Para escoller o Final Fantasy I fixera unha investigación das súas diferentes versións, até que atopei unha coa que estivera satisfeito. Para esta secuela simplemente lin que a versión orixinal era moi complicada e que a da PSP era recomendábel. Non teño nin idea das diferenzas entre unha e outra, pero fíome de que é boa e prefiro non saber moito máis. [continuar lendo]
Lego The Lord of the Rings. Retorno
Na historia do Señor dos Aneis hai moitos tramas que suceden ao mesmo tempo, e todas son importantes para consecución da vitoria sobre Sauron. Non o investiguei con profundidade, pero semella que neste xogo podemos avanzar nelas na orde que desexemos, agás cando o ollo de Sauron están vixilando un camiño, xa que nese momento temos que trocar o seu foco a outra fronte. [continuar lendo]