Diría que os alxubes deste xogo están ben deseñados. Para acceder a cada un, na súa orde, temos que atopar a chave para que emerxa até a superficie. Unha vez dentro, temos todo o que precisamos para resolvela até o final e obter un novo instrumento musical para espertar ao “pez de vento”. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
The Legend of Zelda: Link’s Awakening. Espertar
Xoguei a unha boa recua de Zeldas, máis en dúas dimensións ca en tres. Non obstante, o único da saga que xoguei até o final foi o Ocarina of Time. Agardemos que este Link’s Awakening da Game Boy troque iso; xa vos adianto que non vou nada mal encamiñado. [continuar lendo]
Castlevania: The Adventure
Normalmente os artigos/impresións que escribo aquí están baseados nunhas sesións máis ou menos longas. Pero neste caso só foron dúas partidas a este Castlevania da Game Boy orixinal, inda que poderían parecer máis debido ao lento ritmo de xogo.
O Belmont desta iteración vai moi pero que moi paseniño, armado co seu rebenque para desbaratar ás forzas do mal. [continuar lendo]
The Eye of Judgment: Legends (e II)
Nunha decisión de deseño que non comparto moito, o xogo impide ter unha mesma carta asignada a máis dun mazo ao mesmo tempo. Isto obrígame, dadas as pouquiñas cartas da miña colección, a ter que desarmar unha baralla cada vez que queira probar outra nova. [continuar lendo]
The Eye Of Judgment: Legends (I)
O Eye of Judgment foi un xogo da Playstation 3 que acadou certa sona por mesturar cartas físicas para un representación virtual. Este Legends da PSP non ten compoñente fóra da pantalla, mais conserva as mesmas regras e mecánicas. É a miña primeira experiencia coa saga e o titorial só explica o máis básico, polo que fun aprendendo a base de erros. [continuar lendo]