Facer un xogo sinxelo con sesións medidas en segundos non debería estar contraposto a facer un xogo decente. Este Turbo Pug DX para PC comeza cunha premisa simple e uns gráficos aceptábeis pero apáñase para facer todo o resto mal. Un cadeliño vai correndo sen fin cara a dereita da pantalla atopando obstáculos polo camiño. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Jet Set Radio: …triunfei patinando
A historia do modo principal deste Jet Set Radio énos contada a través do carismático presentador da emisora pirata do mesmo nome. Sita en Toyo-to, a aventura céntrase na banda GG e como intentan recuperar o seu barrio das mans doutros grupos. [continuar lendo]
Jet Set Radio: soñando, soñando…
O único que sabía deste Jet Set Radio era que foi publicado para a Dreamcast, que tiña gráficos cel shading e que ía de patinar. Tamén pensaba que sabía algunhas outras cousas, pero resultaron non ser certas. Os protagonistas van con patíns, e non enriba dun monopatín voador. [continuar lendo]
Warhammer 40.000: Space Marine
Inda que tiña bastantes ganas de xogar a este xogo do universo 40.000, non agardaba moito del. Coñezo lixeiramente a base da mitoloxía da saga e, non sei moi ben por que, atráeme coas súas razas, faccións e a mestura de mundo vitoriano e futurista. [continuar lendo]
Streets of Rage: non confíes no malo
A miña primeira experiencia coa saga do Streets of Rage coido que foi coa versión para a Master System deste primeiro xogo, inda que a meirande parte das miñas memorias si que son desta versión da Mega Drive. Agora teño a versión máis moderna para xogar no ordenador cun mando da Xbox, pero ven a ser o mesmo. [continuar lendo]