Cando investigaba sobre este xogo, moi por riba xa que non me gusta saber de máis antes de comezar, atopeime con moitos xogadores falando do fácil que é. Non direi que é difícil, pero a intelixencia artificial ben sabe o que fai e é capaz de castigar unha mala posición para facernos perder a misión. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Jeanne D’Arc, capítulo 2
Ademais de Jeanne, tamén teño a un tal Gilles cun brazalete que lle permite transformase nun superguerreiro durante dúas quendas en cada loita. Non só melloran as súas estatísticas e gañan un poderoso ataque especial, senón que tamén obteñen unha quenda adicional cada vez que rematan cun inimigo. [continuar lendo]
Jeanne D’Arc, capítulo 1
Este xogo histórico narra as aventuras reais de Xoana de Arco, unha moza francesa que loitou na Guerra dos Cen Anos contra os ingleses, mentres dicía que escoitaba a voz de Deus. Nesta versión, Xoana ten un brazalete que lle permite converterse nunha superguerreira durante un tempo limitado, o que lle axuda a derrotar aos monstros e demos do exército inglés. [continuar lendo]
Columns: xoias por aquí, nada por acolá
O Columns foi a resposta de Sega ao éxito do Tetris, a súa aposta por un videoxogo no que os bloques caen da parte de arriba da pantalla. Neste caso, como o seu nome ben indica, son piares, formados por tres bloques de diferentes cores, os que teremos que dispor na parte baixa. [continuar lendo]
Golden Sun: a curta aventura de Xogon
Recomendárame este xogo da Game Boy Advance un bo amigo nos tempos que eu andaba ocupado con Suikoden. Dende entón cruzábamo de cando en vez procurando xogos de rol consoleiros, polo que finalmente me decidín a darlle un tento. “Adquirino” para a PSP e puxen as mans no mando! [continuar lendo]