Coa runa da compaixón no peto, vagueei un pouco cara o norte até que atopei unha vila ao lonxe. Ese foi exactamente o momento no que me deixei ir e pisei unhas silveiras, lembrando de maneira directa os meus primeiros pasos no mundo de Ultima. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Ultima IV: unha runa, por compaixón
Comecei este capítulo recentemente chegado ao mapa xeral após saír do castelo de Lord British. Tiña intención de chegar de novo a cidade dos guerreiros para seguir coa procura da pedra vermella, mais sen ter idea de onde podería estar sita. [continuar lendo]
Ultima IV: os perigos das silveiras
O primeiro que pregunta o xogo nada máis arrancar é o nome e o xénero (binario), desta vez escollín home para o personaxe principal. A historia comeza co protagonista descansando nun prado da súa axitada vida nun mundo tecnolóxico. De súpeto, un portal azul emerxe do chan e desaparece de novo, deixando un amuleto con formar de ankh e un libro de coiro que fala doutro mundo necesitado de axuda. [continuar lendo]
Ultima IV: A procura do avatar
A miúdo tento atopar algunha obra que sexa máis elevada que calquera outra, que amose algo que vaia máis aló da propia obra. Non teño unha definición particular para ese “algo”, nin sequera algunha característica que ten que cumprir, pero ás veces acho anacos que me dan algo de esperanza. [continuar lendo]
Final Fantasy I, resumo final
Como escollín a versión deste xogo publicada para Playstation no Final Fantasy Origins, quince anos despois da versión orixinal, non sei como de ben se poderán aplica-las miñas impresións ó verdadeiro xogo que comezou coa saga. Independentemente diso, xa deixara moi claras as razóns polas que escollín esta variación no capítulo inicial, e non creo que lle adique outras vinte e seis horas para contrasta-las diferencias entre ámbalas dúas. [continuar lendo]