Final Fantasy I, capítulo 4

Decidín comezar esta cuarta parte explorando a torre do miraxe. Os inimigos alí eran relativamente perigosos e tiven que recorrer a unha estratexia tan efectiva coma aburrida aproveitando un antipatrón triplo do xogo.

Hai algúns obxectos, que comezaron a aparecer nestas alturas do xogo, capaces de lanzar algún feitizo específico. [continuar lendo]

Final Fantasy I, capítulo 3

Rematei o anterior capítulo nunha cidade despois de saír correndo da cova de xeo. Durante as dúas primeiras horas desta sesión intentei volver á cova, pero non a din atopado; pasara xa case unha semana na vida real e tiña o recordo de que fuxira da pala e collera o barco para chegar á cidade, polo que non explorei os arrabaldes da mesma. [continuar lendo]

Final Fantasy I, capítulo 2

Todo apuntaba, ó final do capítulo anterior, a que me atopaba xusto no punto necesario para continua-la aventura… e acertei! Máis ou menos preto da vila, que agora está marrón porque lle consumiron pouco a pouco as plantas e árbores, hai unha cova chamada “Terra” (soa máis exótico en inglés) na que fixen unha primeira incursión e pronto saín escaldado. [continuar lendo]