O Super Street Fighter II: The New Challengers trouxo á miña Mega Drive un dos meus xogos preferidos das recreativas. Sen necesidade de meter moedas, e con catro personaxes novos, converteuse nun dos grandes éxitos para xogar na pequena pantalla. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Don’t Move
Parte do meu pasado lúdico do que non me considero especialmente orgulloso comprende un par de curtos idilios con videoxogos de facer-clic-e-agardar. Primeiro foi o Cookie Clicker, cuxa novidade venceu varias batallas contra as miñas ganas de estudar. Algúns anos máis tarde, xa coma engrenaxe activo da maquinaria capitalista, levaba o Idle Oil Tycoon no peto, gañando cantidades sen sentido de diñeiro virtual incluso cando estaba a durmir. [continuar lendo]
Final Fantasy Adventure
Un colega das recreativas trocoume durante un tempo algún dos meus xogos polo seu Secret of Mana da Super Nintendo, que supoño que lle gustaba bastante porque tiña unha partida gardada con todos os personaxes ao nivel 99 con todas as maxias tamén maximizadas. [continuar lendo]
Super Mario World: Learn 2 Kaizo
A preguiza é moi grande porque non teño a consola, nin o xogo, nin realmente as ganas de adicarme a un deses xogos que se poden considerar coma “estilo de vida”, pero o Super Mario Maker 2 podería converterse nun dos meus xogos máis preferidos. [continuar lendo]
Undertale
O único importante que sabía deste Undertale antes de comezalo era que se trataba dun xogo de rol onde non é preciso matar a ninguén. Se lle sumamos o consellos de tomar a experiencia con calma, explorando ben o mundo, pois diría que xa é a combinación ideal de coñecementos. [continuar lendo]