Unha mañá non tiña na mellor que facer (ou, se cadra, si; o de mellor éche moi relativo) e apuntei o navegador cara o Frog Fractions. O pouco que sabía dese xogo é que era moi sorprendente, polo que semellaba boa idea xogalo sen ler nada máis del; despois de todo só dura coma unha hora. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Catrap
Cando non tiña moitas ganas de continuar con outros xogos máis longos arrancaba este Catrap da Game Boy e intentaba superar un par ou tres do centenar de niveis. Nas primeiras decenas dos mesmos os crebacabezas, consistentes en eliminar a todos os inimigos, non eran moi complicados e ese plan de pasar algúns nunha sesión funcionaba ben. [continuar lendo]
Astérix and the Secret Mission
Deume por investigar e xogar un pouco a eses videoxogos da Master System aos que lles adicara tantas horas de cativo. Grazas a unhas circunstancias que non veñen a conto, pasaron bastantes xogos emprestados pola miña consola, polo que hai moitos aos que non puiden xogar máis dunha semana e os meus recordos dos mesmos non pasan dun par de escenas soltas. [continuar lendo]
Shining in the Darkness. Capítulo 3
Ao final fíxoseme ben longo o de agardar a rematar o xogo para escribir aquí. Acertei no de que habería catro niveis no alxube final, mais non se me ocorreu (inocente que son eu) que podían tender tanto á tradición univiaria, no lugar de ofrecer moitos cruces e camiños falsos para confundirnos. [continuar lendo]
Shining in the Darkness. Capítulo 2
Dende a última actualización superei os desafíos das covas da coraxe e da verdade. Levoume algunhas horas, mais estiven preto de saltarme este escrito porque tampouco pasou nada moi interesante. Pero, coma sempre, decateime de que se só tivera escrito nestas páxinas cando tivese algo extraordinario que contar pois ficaría o diario bastante baleiro e perdería graza o asunto. [continuar lendo]