Xa contara na segunda entrada deste blogue que o Shining in the Holy Ark seguramente fora o meu primeiro xogo de rol por quendas. Recordo aquel día no que o mercamos nunha gran superficie sen telo planeado. Non saíu mal de todo xa que me deu bastantes horas de entretemento, especialmente nos primeiros alxubes xa que o comecei non poucas veces inda que non o rematei ningunha; supoño que por unha mestura de falta de paciencia, claustrofobia virtual e algo de culpa da pouca capacidade de almacenamento de partidas gardadas na Sega Saturn. [continuar lendo]
Categoría: Videoxogos
Unchained Blades. Capítulo 7, a creadora
Comecei este sétimo capítulo completando as misións que me quedaron abertas no Templo dos Ceos do anterior capítulo. A motivación e case puramente extrínseca, xa que as recompensar normalmente non pagan a pena. Para este capítulo final no derradeiro titán xa non me preocupei tanto de levalas ao día nin de explorar a totalidade do mapa máis aló das dúas primeiras incursións. [continuar lendo]
Unchained Blades. Capítulo 6, o último desexo
Inda que no comezo non daba un can, resulta que hai unhas evolucións nas personalidades e comportamentos dos protagonistas. A medida que avanza a narrativa, os enlaces entre eles estréitanse até o punto no que, antes da pelexa final deste capítulo, cada un gasta o único desexo que pode pedir na súa vida para axudar a algún compañeiro. [continuar lendo]
Unchained Blades. Capítulo 5, os lumes da guerra
O titán deste capítulo era un aguia, e a verdade é que o superei aparentemente moi rápido, pasóuseme voando. O alxube non era moi complicado, mais tiven que explorar a primeira planta na súa totalidade para atopar todas as trampas-buratos no chan, xa que é preciso baixar por elas para poder acceder a todas as seccións do soto. [continuar lendo]
Unchained Blades. Capítulo 4, un pequeno gran desexo
A primeira metade deste cuarto capítulo do Unchained Blades foi moi dura. Ao comezo non me afixen ao retorno do cuarteto orixinal, tardei en completar as buscas do anterior capítulo, avancei lentamente logo de incorporar novos membros ao grupo e, o máis terríbel, tiven a peor xaqueca do que vai de ano após tentar avanzar un pouco unha mañá dun sábado. [continuar lendo]