Burning Wheel. A espada

Levaba case un ano argallando unha partida de Burning Wheel, especialmente pola aventura introdutoria d’A espada, que sempre me pareceu un conflito que pode dar moito xogo. Por aquel entón lin todo a manual, vin unha partida organizada polo creador e preparei unhas follas dos personaxes prexerados traducidas, pero non sería até este mes cando finalmente puiden estrear o sistema. [continuar lendo]

Mago: a Ascensión. A outra cara da moeda

Nunca dirixín nin xoguei a nada de Mundo de Tebras, e nin sequera probara o “sistema narrativo” máis aló de crear algunha personaxe fóra de todo contexto, porque sempre me chamou moito o xogo de rol de Street Fighter, inda que nunca atopei un grupo interesado no mesmo. [continuar lendo]

Lasers and Treason. Tren silandeiro, misión

Queridos resolvedores de problemas! Parabéns por seres escollidos para axudar ao Ordenador Amigo nunha investigación de importancia crítica. O voso historial de dedicación, paciencia, concentración, obediencia e, sobre todo, (discreción) indica que sodes o equipo máis axeitado para este deber. O devandito deber consiste en proporcionar unha quenda de seguridade e defensa para o proxecto de investigación clasificado coñecido como ST700, o prototipo do Sistema de Tránsito Universal Masivo Modular Non-observábel sobre raís. [continuar lendo]

Lasers and Treason. Tren silandeiro, personaxes

Ofrencinme para dirixir unha partida de Lasers and Treason para as primeiras xornadas de Vas Dado. Sería a miña primeira dirección para descoñecidos, polo que tirei de arquivo e intentei repetir a experiencia do tren silandeiro. Sobre a bucina apuntáronse as seis persoas que precisaba para facer a experiencia ben caótica, cando eu nin contaba con chegar ás catro mínimas! [continuar lendo]