Xa falara do meu gran fracaso tentando resistir o asedio na illa de Cair Andros en solitario. En troques de escoller un equipo de heroes máis axeitado para esa misión, decidín elixir a un par de xogadores para que me botasen unha man co desafío. [continuar lendo]
Categoría: Xogos de taboleiro
O señor dos aneis LCG. Contra a sombra
Despois de conseguir a vitoria no medo do senescal, inda me ficaban catro aventuras do ciclo Contra a sombra por xogar e gañar. Cunha morea de cartas novas grazas a unhas ofertas que atopei en novembro, comecei por facer unha baralla de medianos por primeira vez na miña vida. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG. Volvendo ao medo do senescal
Logo das aventuras previas de Faramir, este volveu a Minas Tirith para descansar das súas aventuras e soñar con aquela doncela coa que compartiu experiencias tan intensas. Pero tampouco tivo oportunidade de facer moitos plans de futuro, xa que o seu pai Denethor mandouno aos baixos fondos da cidade a investigar unha conspiración contra o reino de Gondor, namentres el facía as súas pescudas dende a comodidade da súa oficina. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: Faramir, Éowyn e Gollum
Conseguín atopar a bo prezo as catro expansións que me faltaban do ciclo dos herdeiros de Númenor. Antes de continuar coas aventuras polas terras de Gondor, decidín facer unha baralla cun dos heroes novos para min, Faramir da esfera do saber, para enfrontalo a algunhas misións ao chou da miña colección. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: herdeiros de Númenor (II)
Levoume bastante tempo xogar estas tres últimas misións do meu plan orixinal. Máis que nada foi pola preguiza de montar o mazo de encontros e atopar un bo anaco de tempo no que estivese tranquilo, descansado e con boa luz. [continuar lendo]