Tiven a sorte de recibir como agasallo de aniversario a expansión do Señor dos Aneis LCG dos Herdeiros de Númenor. Baseada nas terras de Gondor, engádeme aos heroes Boromir e Beregond, ademais dalgunhas cartas co trazo deste reino sen reis. [continuar lendo]
Categoría: Xogos de taboleiro
Thunderstone: Dragonspire
O primeiro xogo de construción de mazos que xoguei foi o Dominion, e levoume a cabeza. A idea de ir montando a baralla como parte do xogo, tanto engadindo cartas novas coma mellorando ou eliminando as máis fébeis, pareceume unha xenialidade. [continuar lendo]
Android: Netrunner, Rielle contra HB
Coido que o Android: Netrunner é actualmente o meu xogo de taboleiro competitivo preferido, inda que non teño máis que a caixa básica e seis paquetiños de datos (ou, se cadra, precisamente por iso). A semana pasada veu o camarada que me agasallara este mesmo xogo hai xa varios anos e, ante a miña insistencia, collemos as barallas que tiña preparados e xogamos. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: murmurios de Rhovanion
O portal Susurros del Bosque Viejo organizou a sexta entrega da súa liga nacional do Señor dos Aneis LCG. Esta vez tratábase de superar as tres misións das Terras salvaxes de Rhovanion empregando só as cartas desa caixa e da básica. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: fuxida de Dol Guldur
Até fai ben pouco só tiña a caixa básica do xogo LCG do Señor dos Aneis xunto a todo o ciclo de Angmar Espertado. Digo “só” porque, inda que parezan unha morea de cartas, é unha fracción moi pequena de todo o que saíu para este xogo. [continuar lendo]