Deep Space D-6, espacial mais non especial

Fai uns anos o FTL: Faster Than Light entrou na escena dos videoxogos. Moitísima xente lanzouse a vagar polo espazo exterior loitando contra piratas hostís, evitando asteroides á vez que fuxía da armada rebelde; sempre tomando as decisións coma se fosen os comandantes das naves e pregando ós deuses de Kobol para que no seguinte sector apareza un evento positivo que outorgue algún beneficio para a estabilidade futura da nave. [continuar lendo]

Xogando ós birlos. Só. Con naipes.

Recordades os solitarios de Windows consistentes en pór un sete vermello debaixo dun oito negro? Pois o colega Sid Sackson xa estaba farto dese estilo de xogos na década dos sesenta, e creou un xogo que simulaba unha partida de birlos empregando tan só media baralla, o Bowling Solitaire. [continuar lendo]

BattleLore (Segunda Edición): crónica da primeira batalla

Fai pouco quedei co meu colega máis xogón de xogos de taboleiro para estrear o seu BattleLore (Segunda Edición). Era a primeira de ambos co sistema Command and Colors de Richard Borg, polo que repartimos as faccións sen pensar moito: eu levaría ós malos e el ós bos. [continuar lendo]