Dead Island. Acto 1

Son moi mexeriqueiro para os xogos: se teñen algún compoñente de terror, pásoo mal e non o gozo. Sufro especialmente coas vistas en primeira persoa, e nin sequera é preciso que os sustos estean planeados: xirar a cámara e atopar un inimigo correndo cara min é suficiente para que comece a suar e poñerme nervioso. [continuar lendo]

O señor dos aneis LCG: Faramir, Éowyn e Gollum

Conseguín atopar a bo prezo as catro expansións que me faltaban do ciclo dos herdeiros de Númenor. Antes de continuar coas aventuras polas terras de Gondor, decidín facer unha baralla cun dos heroes novos para min, Faramir da esfera do saber, para enfrontalo a algunhas misións ao chou da miña colección. [continuar lendo]

Picross Galaxy

Ao igual ca no anterior AirportPRG, este Pricross Galaxy tamén é un xogo honesto para plataformas móbiles. Cada desafío é un crebacabezas, sempre coas mesmas regras, e atopamos unha tira de publicidade na parte baixa da aplicación mentres xogamos e vídeo publicitario saltábel tras superar cada un; nin máis, nin menos. [continuar lendo]