A comunidade metaleira atópase dividida sobre se Dethklok ten calidade musical ou non. Eu son parte do grupo que abofé que si, e iso que non vin máis que capítulo e medio de Metalocalypse. Con todo, póñome de cando en vez o Dethalbum e movo a cachola ao ritmo dos seus riffs. [continuar lendo]
The Walking Dead. T1E1
Nunca lin unha páxina das bandas deseñadas de The Walking Dead, e coido que tampouco aturei espero un capítulo enteiro da súa serie de televisión. Pola outra banda, tampouco son moi afeccionado ás aventuras gráficas/dramas interactivos, como se pode desprender do feito de que non falase de ningún xogo deses estilos neste blogue. [continuar lendo]
Sanrio World Smash Ball!
Lembro con agarimo cando ía coa miña familia a unha vila cercana a pasar certas mañás soleadas das fins de semana. Non farei de menos á compaña ou á vila, pero o meu corazón de rapaz dos noventa latexaba pola oportunidade engadida de pasar uns minutiños no salón de máquinas recreativas que alí había. [continuar lendo]
Pokémon Azul. Capítulo 3
Como xa se puido ver nunha captura de pantalla no capítulo anterior o mundo de Pokémon é paralelo ao noso, con mencións a lugares coma Rusia, Suramérica ou datas coma as primeiras pegadas do home na lúa no 1969. Obviamente as diferenzas son importantes: dende os propios pokémons e a súa explotación por parte dos humanos até a falta de escolas e a incitación por parte dos adultos para que os nenos percorran o país sós. [continuar lendo]
Pokémon Azul. Capítulo 2
Unha máxima da meirande parte dos videoxogos de rol, incluíndo todos os de Pokémon principais, é que sempre é posíbel loitar máis combates gañar algo máis de experiencia para ter máis forza, podendo repetir isto sen risco até que a dificultade do seguinte combate redúzase a uns niveis máis doados. [continuar lendo]