Final Fantasy III. Capítulo 3

Pois, efectivamente, o xogo avanza rapidamente con moitos alxubes pequenos. Ben é certo que a dificultade estase a incrementar, polo que xa vin algunhas veces a pantalla de xogo terminado. Debido a isto, troquei os meus plans para ser un pouco máis conservador e saír logo dunha primeira incursión, consolidando as ganancias de puntos de experiencia e tesouros. [continuar lendo]

Fortune-499

Moitos xogos poden resumirse nun pedra-papel-tesoira, pero este Fortune-499 faino explícito empregando eses tres elementos e as súas regras de vitoria coñecidas por todos. Este mecanismo é mesturado co de construción de barallas, podendo xogar até catro cartas cada quenda, co obxectivo de tentar saber as probabilidades do que xogará o rival. [continuar lendo]