Titan Quest Anniversary Edition. Acto 1

Recordo ter lido, nunha revista especializada en xogos de ordenador, unha reportaxe bastante extensa do Diablo 2 por mor do seu lanzamento. Unha das capturas tiña un pé de foto dicindo algo así como “se pegas moito a orella á páxina, poderás escoitar a arrepiante banda sonora e os aterrecedores berros dos inimigos”. [continuar lendo]

Rocketbirds: Hardboiled Chicken

Un amigo deixou unha boa crítica deste Rocketbirds en Steam. A única contra que mencionou foi que o xogo non tiña ningunha dificultade, polo que decidín comezalo no modo difícil para ter algo de desafío. Pode que non fose a mellor das ideas, pero non me arrepinto de telo feito. [continuar lendo]